Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Enerxía Novas Convocados os Premios Lavado Climático Verde 2009

Convocados os Premios Lavado Climático Verde 2009

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

climate_greenwash_awards_09Até 22 de Maio pódese votar aos candidatos aos Premios Lavado Climático Verde 2009, organizados por Corporate Europe Observatory, ATTAC-Danmark, Climate Movement of Denmark, KlimaX e Friends of the Earth Denmark (NOAH).

"As grandes empresas están dispostas a facer parte da solución á mudanza climática —e teñen o seu propio negocio no Cumio do Clima de Copenhague de 24 a 26 de Maio—. Varios grandes emisores de carbono están implicados. As grandes empresas teñen solucións reais?  Ou están a tentar semellar verdes mentres continúan a poluír como de costume?"

As candidatas a exemplo máis escandaloso de lavado climático verde son: AcelorMittal, BP, DONG Energy, Repsol, Shell e Vattenfall.

Vota!