Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Feb 10th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Finanzas Finanzas - Alternativas Constituida Coop57-Galiza, cooperativa de servizos financieiros éticos e solidarios

Constituida Coop57-Galiza, cooperativa de servizos financieiros éticos e solidarios

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

logo_coop57O pasado sábado tivo lugar no Centro Sociocultural O Castiñeiriño de Santiago de Compostela a Asemblea Constituínte de Coop57 Galicia, unha nova cooperativa de servizos financeiros que nace co fin de fomentar o aforro solidario e o investimento ético para desenvolver proxectos de economía social e solidaria.

Acudiron ao evento as persoas representantes das 16 entidades do ámbito asociativo e cooperativo que actúan como socias de servizos promotoras do proxecto, así como vintecinco socias colaboradoras –persoas físicas ou xurídicas­que sen ser destinatarias dos servizos da cooperativa, achegan os seus aforros para axudar a financiar os proxectos que se presenten. Asistiron tamén representantes de outras entidades do ámbito asociativo, así como persoas que a título individual participaron no proceso previo á constitución e que prevén a súa incorporación nun futuro. Asimesmo, estivo presente unha representación das seccións territoriais de Coop 57 de Cataluña, Aragón, Madrid e Andalucía.

No acto levouse a cabo unha presentación retrospectiva de Coop57, seguida da intervención dos representantes das seccións territoriais. A continuación, as persoas representantes das entidades socias de servizos promotoras da sección territorial galega fixeron unha breve presentación para, de seguido, proceder á constitución de Coop57 GZ, e á aprobación dos Estatutos e Regulamento de Réxime Interno. Finalmente, foron escollidos os cargos do Consello de Sección, os representantes de Coop57 GZ no Consello Reitor de Coop57 e os integrantes da Comisión Social e Comisión Técnica.

Para mais información sobre Coop57 Galicia, contactar coa Federación de Cooperativas Sinerxia ­ -, a través do correo-e : rcarmelo(a)sinerxia.org e/ou nos teléfonos 986 896 526 e 986 862 887. Para unha información xeral de Coop57 e das suas Seccións Territoriais pódese visitar o sitio web www.coop57.coop .