Nace a Rede Anticapitalista Galega (RA!) para transformar un sistema insostible e xerador de pobreza.
Este 28 de marzo, coincidindo coas mobilizacións globais contra o cume do G20 en Londres, a Rede Galega Anticapitalista, a Ra!, iniciou a súa andaina cunha concentración na Praza de Praterías en Compostela.
Para os colectivos da Ra! “A esquerda institucionalizada abandonou hai tempo os programas de transformación social. Somos os movementos sociais quen temos que reaxir diante da incertidume”.
A Ra! nace no noso país ante a situación de crise que está a vivir o mundo enteiro, unha crise de dimensións múltiples. As solucións que impoñen dende o poder –máis libre comercio, cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de agachar que a crise é produto do sistema capitalista, que só afondará os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.
Co evento do 28 de Marzo, a RA! manifesta a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que terá lugar ese mesmo día en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”.O 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveránse novas protestas orientadas a concienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais.
Quen forma a RA!:
A RA! agromou en decembro de 2008 axudada polas reflexións do Foro Social Galego. Están integrados os seguintes colectivos: Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñería Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais O Peto, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.
Máis info en www.redeanticapitalista.org





