Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Finanzas Multimedia Sobredose: A próxima crise financeira

Sobredose: A próxima crise financeira

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

O mapa da gran crise sistémica que enfrontamos está composto por catro elementos principais, altamente interrelacionados entre si: Economía, Enerxía, Presión Demográfica e Medio Ambiente.
En tempos de crises as sociedades buscan líderes fortes e solucións simples. Pero... Que pasaría se as solucións económicas que se están expondo constitúen os mesmos erros que provocaron o desastre?
Este documental describe e analiza a historia da maior crise económica da nosa época: a que aínda está por vir.
Cando estalou a burbulla financeira global, a solución foi baixar as taxas de interese e inxectar miles de millóns de dólares sen respaldo a un sistema bancario enfermo. Xustamente esa solución xerou un problema maior, e por iso a próxima crise será peor aínda. Os gobernos xa se están quedando sen combustible para alimentar a economía. Pode ser que aínda estean en condicións de salvar aos bancos, pero de agora en diante a pregunta máis inquietante é quen salvará aos gobernos...

 

Podes vela en Vimeo

 

Os subtítulos en español para este documental foron realizados pola Rede da Transición da Comarca Andina (Patagonia, Arxentina). Para ver a ficha técnica completa e maior información do documental, ir á sites.google.com/​site/​sinpetroleo/​cine/​overdose