Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Finanzas Novas Pola transparencia de gobernos e bancos

Pola transparencia de gobernos e bancos

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
transparentsExiste desconfianza entre os bancos, tamén dos gobernantes con respeito aos asesores e economistas que levan 30 anos recomendando a non-intervención, a auto-regulación dos mercados, mais a principal crise de confianza é a da cidadanía frente aos gobernantes que aplicaron unhas políticas claramente fracasadas. A transparencia é necesaria para recuperar a confianza, por iso ven de ser apresentada publicamente a campaña internacional Transparents "Por unha transparencia responsábel de gobernos e bancos". Gobernos e bancos teñen até 30 de Marzo de 2009 para demostrar que non teñen nada que agachar, de non o facer quen apoia a campaña comprométese a deixar de cooperar: facer obxección fiscal, votar só polos partidos que aposten pola transparencia e transferir depósitos cara á banca ética.