O col·lectiu crisi, surxido arredor da publicación "Creus que els bancs et roben?", distribuída o pasado 17 de Setembro, ven de lanzar a proposta dunha folga unitaria de usuarias e usuarios de bancos. A folga sería indefinida e comezaría unha vez que se xunte unha cantidade mínima de persoas dispostas a se implicar. Son xa máis de 200 as persoas que amosaron a súa vontade de participar na folga e son varias as formas de o facer propostas desde o colectivo: retirando o diñeiro do banco, fechando a conta, deixando de pagar débedas, enviando reclamacións... ti escolles! O colectivo crise, ademais, está a preparar unha nova publicación, que se espera que saia á luz o vindeiro 17 de Marzo, coincidindo co retorno do "insubmiso financeiro" Enric Duran.




