ATTAC-España (Asociación por la Tasación de las Transacciones financieras especulativas y la acción Ciudadana) vén de publicar "La crisis financiera. Guía para entenderla y explicarla", escrita por Juan Torres López e Alberto Garzón Espinosa —coordenadores de altereconomia.org—, prologada por Pascual Serrano e descarregábel en formato .pdf. O libro é un resumo de un texto máis amplo e documentado que será publicado pola editorial Icaria e está pensado como unha guía sinxela para entender os feitos e principios máis importantes, esenciais para entender a crise. Segundo os autores, o texto pretende ser unha sorte de prontuario para a acción e a mobilización contra a inxustiza global que leva consigo o capitalismo financeiro.




