O Tribunal Permanente dos Pobos condenou á Unión Europea pola súa complicidade nos delitos sociais e ecolóxicos das transnacionais. No acto celebrado no Círculo de Belas Artes de Madrid, o presidente do Tribunal, o maxistrado español Perfecto Andrés Ibáñez, acompañado doutros membros do xurado, presentou a sentenza que comentou Alirio Uribe, membro do colectivo de avogados José Alvear Restrepo. Entre as alegacións pídese "aos Estados membros a adopción de normas nacionais que garantan o acceso á súa xurisdición nacional civil e penal, por parte das vítimas de abusos de dereitos humanos ou contra o medio ambiente, cometidos fóra da Unión Europea por parte dunha empresa ou unha das súas filiais con sede nun Estado membro".
Segundo di a sentenza, "á vista dos casos examinados polo TPP, é posible identificar unha estreita relación de funcionalidade entre as políticas públicas da Unión Europea e os intereses das ETN en sectores estratéxicos. É evidente que as institucións europeas son permeables á acción dos lobbies empresariais, e que existe unha relación de interdependencia e tráfico de influencias entre os sectores privado e público". Así mesmo, declárase que "o dereito á reparación é a garantía e recoñecemento dos dereitos á verdade e a xustiza e non pode entenderse satisfeito cando se sustenta nun marco de impunidade e esquecemento".
Esta sesión do Tribunal Permanente dos Pobos convocouse a proposta da Rede Birregional "Enlazando Alternativas IV", dentro do programa de Actividades do Cume Alternativo dos Pobos que se clausurou o domingo en Madrid.
Texto completo da sentenza (versión preliminar) en http://www.enlazandoalternativas.org/...
- Dossier de prensa doTPP en http://www.enlazandoalternativas.org/spip.php%20?article653
- Descargar fotos do Tribunal, Foro, Manifestacion eAsamblea de Movimientos Sociales durante a Cumbre de los Pueblos Enlazando Alternativas 4 (14-18 Mayo, Madrid) en http://www.flickr.com/photos/tni/sets/72157623937949775/
- Ver video en http://blip.tv/play/hc1Zgd77XwI





