O coñecido futbolista Eric Cantona convocou en Francia un movemento popular para retirar o diñeiro dos bancos o próximo día 7 de decembro (www.bankrun2010.com). Para coñecer os posibles efectos desta iniciativa Attac España entrevista a Juan Torres López, Catedrático de Economía, membro do Comité Científico de ATTAC España e autor dos libros Desiguais. Mulleres e homes na crise financeira (Icaria), con Lina Gálvez, e A crise das hipotecas lixo. Por que caíu todo e non afundiu nada? (Sequitur) coa colaboración de Alberto Garzón.





