Na pasada noite do venres 24, na cidade de Compostela, unha grupo de voluntarios da Comisión de Finanzas Éticas de Amarante Setem procederon a empaquetar a oficina central do BBVA na cidade co obxectivo de denunciar a participación dunha porcentaxe dos seus activos no comercio de armas.
Armas pacíficas por unhas finanzas éticas. Ese é o principal móbil dos activistas para esixir a determinadas entidades e bancos unha inmediata retirada das súas inversións na industria armamentística.





