Greenpeace-España ten unha Guía de Consumo Responsábel de Peixe que complementa con información sobre Mercados Pesqueiros. A Guía de Consumo aborda a etiquetaxe, recolle dados sobre as especies máis consumidas, achega informes e propón cinco criterios para o consumo responsábel de peixe: aproveitalo ben, rexeitar inmaduros, priorizar o máis achegado, optar polos métodos selectivos de pesca e escoller selvaxe frente a acuicultura.
A sección web sobre Mercados Pesqueiros inclúe unha Lista Vermella de Especies Pesqueiras (tamén descarregábel), información sobre especies e técnicas pesqueiras, consellos para distribuidores e unha avaliación das políticas de compra dos principais destes.





