Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Mercadiños e feiras de Troco

Mercadiños e Feiras de Troco

Correo-e Imprimir PDF

O troco é un sistema de mercado no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda e que diminúe as diferenzas sociais á hora de consumir.

Conleva unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non valoramos do que xa posuímos, diminúe a produción de residuos posto que aquilo que xa non é útil para unha persoa, si pode selo para outra. Diminúe o impacto do transporte posto que pode pasar dunhas mans a outras dentro da mesma cidade, neste senso tamén é un xeito de achegar ás persoas, creando sinerxias. Pon en cuestión o valor actual dos cartos e amosa un xeito á marxe
do capitalismo para consumir.

En Galiza estanse a desenvolver diversas iniciativas neste eido, algunhas xa en marcha, outras en proceso de realización que iremos recollendo nesta páxina, hainos que se celebran periódicamente na rúa e outros que se desenvolven via internet. O propio Foro de Consomes ou Devoras? mantén un troco permanente

Feira de Troco de Compostela

Organizada por Verdegaia, desenvólvese en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos todos os últimos sábados de mes na Praza de Abastos de 11:30 a 13:30.

FerrolTroca

Organizado por distintos colectivos, ten periodicidade bimensual. Celébrase na Praza Vella ou no Edificio do Mercado Central-Ferrol (en caso de chuvia) Conta cunha web de troco

OurenseTroca

Despois do nacemento da Cousateca en Ourense (un lugar onde se prestan todo tipo de obxectos: esquís, botas de esquís, lanchas inchables, libros, ferros de pasar, televisións,  xogos...), naceu a rede Ourense Troca, da que forman parte Verdegaia, Amigos da Terra, Amarante, Anacos da Cidade e Sem Um Cam. Este domingo 3 de maio levarase a cabo o primeiro mercadiño de troco regular que esta rede decidiu pór en marcha na Praza Maior de Ourense, de 11:00 a 14:00. Este mercadillo repítese o primeiro domingo de maio, xuño, setembro e novembro.

VigoTroca

Os últimos sábados de cada mes de 11:30 a 13:30 diante do Mercado do Calvario. Conta cunha web de troco permanente onde tamén funciona un troco de servizos.

Rede de Troco de Coruña

A "Rede de Troco da Coruña" comeza a funcionar en decembro de 2007, trala celebración da "1ª Xornada de Troco Multilateral". Trátase dunha iniciativa en construción permanente. Visita estoutra wiki para ver polo miúdo o deseño e os primeiros pasos desta iniciativa. Celebran un mercadiño todos os primeiros sábados de cada mes no SOHO, Mercado de Artes Aplicadas da Rúa Orzán.

Feira de Troco de Pontevedra

Organizada por Amarante e Verdegaia, celébrase todos os últimos sábados de mes, de 12:00 a 14:00 na Praza da Verdura

Feira de troco de Allariz

Promovido polas asociacións A.N.D.R.E.A. e Encomún - Banco de Tempo de Allariz, mailo Concello de Allariz, iniciase o Mercadiño de Troco para nenos e nenas que con caracter mensal terá lugar os últimos domingos de cada mes na praza de abastos de Allariz en horario de 12:00 a 14:00 horas.

O Mercadiño de Troco de Allariz funciona do seguinte xeito, establecense dous tempos dentro da realización do troco, un primeiro momento no que se realizan os depósitos do que se desexa intercambiar (de 12:00 a 13:00 horas) e un segundo intre no que se efectua o intercambio mediante un sistema rotatorio de turnos (de 13:00 a 14:00 horas). O mercadiño de Troco de Allariz está orientado a nenos e nenas de calquera idade, só tes que achegarte o último domingo de cada mes con algún xoguete ou calquera outra cousa que queiras intercambiar para combinar entre tod*s un bó momento.