
Autopista, unha navallada á nosa terra é un "documental dirixido por Llorenç Soler no ano 1977 que analiza as consecuencias que pode traer o trazado da autoestrada na ecoloxía e na vida cotiá das xentes do campo por onde pasa e que non resolve os problemas de comunicación do país galego", segundo a reseña de Flocos.tv. Esta curta documental achéganos ao conflito socio-ambiental surxido arredor do proxecto de construción da Autoestrada do Atlántico, a actual AP9, que contou cunha salientábel oposición viciñal por mor do impacto que o seu trazado causaba nas parroquias que atravesaba.
Óllao en Flocos.tv




