Vense de publicar na rede en fase de probas a web "menos carros, territorio máis humano", unha ferramenta para compartir coche nas túas viaxes. Publicando nun taboleiro virtual os desprazamentos que teñamos previstos, tanto os cotiáns como os puntuais permítenos ocupar as prazas do noso coche de xeito que optimicemos os consumos que o seu uso supón, ou no caso contrario, atopar persoas que fagan o desprazamento que precisamos. Isto favorece a redución do nº de automóbeis na estrada, o consumo de gasolina, aforras cartos...





