LINEAS DISCONTÍNUAS (2008) é un vídeo documental realizado por Ecologistas en Acción sobre a insostenibilidade do noso modelo de transporte, principalmente baseado no automóbil.
Cada ano, os datos sobre cambio climático indican que o sector do transporte é un problema chave, cunha cuarta parte das emisións totais de CO2 no Estado español e un prognóstico sombrío: o Observatorio da Sustentabilidade de España estima que en 2010 as emisións do transporte poden chegar ao 40% do total.
Pero en realidade, o problema é moito máis profundo. O automóbil converteuse no eixo da mobilidade nas nosas sociedades, reorganizando a cidade e os hábitos dos que nela viven. A cultura do motor, unha cultura baseada nos combustibles fósiles, non é sostible e terá que ser sustituída. Cales son as alternativas?
Podes ver e descargar o video




