Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Mobilidade Multimedia Vigo Integra. O asfalto non é progreso

Vigo Integra. O asfalto non é progreso

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

cara2ez8O Vigo Íntegra é un Plano baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade que esquece totalmente o transporte público e estimula a utilización do veículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo. Provocaría un enorme e irreversible impacto ambiental, social e económico, e a destrución do noso patrimonio cultural e arqueolóxico. Desbaldiría 2.000 millóns de euros de diñeiro público na construción de 243,8 quilómetros de novas autovías, asfaltando máis de sete millóns de metros cadrados de territorio, afectando gravemente ó concello de Vigo e ás comarcas do Morrazo, Baixo Miño, O Rosal, Val Miñor, Condado-Paradanta, A Louriña, Redondela,  e zona sur de Pontevedra.

Este Plano pretende converter toda a área afectada nunha gran máquina económica: producir máis para consumir máis. E para iso non dubida en destruír o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial... Non dubida, polo tanto, en destruír a nosa identidade. Non está feito para ti, senón contra ti.

Un Plan que arruinaría o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial. Para saber ben o que pretende podedes ver este vídeo realizado por A Ría Non se Vende