Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Feb 10th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Observatorio da Publicidade Publicidade - Denuncia Endesa: Para os fillos dos teus fillos. E quedará algo daquela?

Endesa: Para os fillos dos teus fillos. E quedará algo daquela?

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Endesa é propietaria e xestora da central térmica máis contaminante de España e unha das 7 máis contaminantes de Europa, a das Pontes. A central de carbón das Pontes emitiu o pasado ano 10.400.000 toneladas de CO2, o principal causante do efecto invernadoiro, á atmósfera. Isto convértea na maior “fábrica de cambio climático” da Península Ibérica. Non contenta con iso, Endesa incrementou un 7 % a súa produción eléctrica baseada en carbón no ano 2007, cun total de 34.802 GWh.

Da produción total de enerxía de ENDESA, o 38,2% ven de centrais térmicas de carbón, o 25,1% de centrais nucleares, o 8,8 % de centrais de coxeneración e o 0,4% de centrais de gas/fuel. A produción eléctrica procedente de enerxías renovábeis incluíndo a hidroeléctrica foi do 11 %.

ENDESA xestiona as centrais nucleares de Garoña (Burgos), Almaraz (Cáceres), Trillo (Guadalaxara), Vandellós e Ascó(Tarragona) e 29 centrais térmicas das que 7 son de ciclo combinado.

Con estes datos (tirados da páxina web de ENDESA) preguntámonos: Para as fillas das nosas fillas? e quedará algo daquela?