Rir do fraco, do distinto, está nas orixes. Comeza no patio do colexio, e até hai uns anos constituía o argumentario de humoristas toscos na televisión pública; lembren aquel Arévalo e os seus «esa mariquita que va...», «ese gangoso», «ese negro»... Hoxe o humor na tele é politicamente correcto e máis intelixente. A publicidade toma o relevo.Somos desenvolvidos, e que graza nos fai a pobreza e a ignorancia dos países en vías de desenvolvemento. Unha aldea oriental que se constrúe un Metro como o de Madrid cunha única estación, debe ser como para esmendrellarse. Pois nós non lle vemos a graza.
Para vender unha caixa de aforros, poñamos unha vila andina que chama a todos os nenos Madrid: Alejandromadrid, Jorgemadrid, e iso porque lles pagamos un hospital para aletargar a nosa maltreita consciencia... apaga a tele que escacho coa risa.
Non é abondo? Burguer King precisa dun gancho para nos colocar un documental longuísimo, e nada mellor que reunir aos subdesenvolvidos do mundo e que fagan o ridículo ante unha Whopper xigante.
É pestilente. Non merece máis comentarios. O que chama a atención é que esa febre por retirar anuncios supostamente ofensivos, non alcance nunca aos pobres. Claro, como son romaneses, chinitos e sudacas...
Alvaro Sobrino e Eduardo Bravo
Publicado en Soitu






