Por segundo ano consecutivo os Premios Sol teñen unha sombra que os acompaña sinalando os anuncios máis sexistas, insolidarios, individualistas ou falsamente ecolóxicos, entre outros. A confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción vén de entregar os Premios Sombra 2009, que nesta edición foron:
- Premio Tortilla de Silicona á publicidade que transmite os piores valores alimentares: Actimel de Danone, cos mesmos efeitos imunitarios que calquer iogurte pero un prezo catro veces maior.
- Premio Me lo Llevo á transmisión dos valores máis consumistas: Centro Comercial La Gavia (Madrid), por apresentar a compra como un modo de mellorar os estados anímicos humanos.
- Premio Lavadora Verde ao mellor "lavado de imaxe" utilizando valores ecolóxicos: Endesa e a súa campaña "Para los hijos de tus hijos".
- Premio Lavado Solidario ao "lavado de cara" corporativo máis hipócrita: Telefónica e a súa Responsabilidade Social Corporativa.
- Premio Florero á publicidade na que máis se trata a mulleres e homes como adornos: Depuralina, que apresenta o corpo humano como unha ameaza, como unha morea de lixo acumulado durante os anos en que non se consumise o produto.
- Premio Chimenea á visión máis destrutiva do ambiente para Hummer, de General Motors.
- Premio Cenutrio á transmisión de valores irresponsábeis para o desenvolvimento colectivo: Tele5 e a súa campaña na defensa das marcas.
- Premio Especial ao Pior Anuncio Local: Comunidad de Madrid que salienta as axudas aos pequenos emprendedores mentres os condena a desaparecer coa "Ley de Modernzación del Comercio de la CAM", favorecedora das grandes superficies.
- Premio Especial a Toda unha Traxectoria: Repsol.
- Premio Especial "La Crisis es Rentable": Carrefour e a súa campaña "Dios los cría y ellos se juntan" que en plena crise anima a gozar "das pequenas cousas que nos fan felices" como o consumismo.
Toda a información no web de Ecologistas en Acción






