Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Feb 10th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Observatorio da Publicidade Contrapublicidade "O valor de servir" vs "Servir? Que valor!"

"O valor de servir" vs "Servir? Que valor!"

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

servirCo gallo do 12 de Outubro, o Ministerio de Defensa divulgou unha intensa campaña audiovisual de captación - xustificación dun suposto papel humanitario dos exércitos baixo o lema O valor de servir. Empregando pais/nais, fillos, esposas ou amigas ficticios ou reais que afirman o seu orgullo e admiración polas persoas ausentes en "misión de Paz", o ministerio teima en mudar a imaxe militar, violenta e armada do exercito nunha especie de ONG que porta e emprega armas en defensa da poboación civil.

A contundente resposta en forma de contrapublicidade Servir?: Que valor! dá a volta á mensaxe do anuncio orixinal empregando exactamente as mesmas ferramentas comunicativas dun xeito diáfano, documentado e irrebatíbel que desenmascara ao Ministerio de Defensa

O anuncio orixinal

A contrapublicidade