
Libros en Acción, a editorial da confederación ecoloxista estatal
Ecologistas en Acción, vén de publicar o libriño "
Contrapublicidad", no que se recolle unha escolma do traballo de
ConsumeHastaMorir. ConsumeHastaMorir é unha reflexión sobre a sociedade de consumo na que vivimos utilizando un dos seus propios instrumentos, a publicidade, para amosar até que ponto se pode morrer a consumir. O grupo formouse en 2002 dentro de Ecologistas en Acción. O libro, publicado baixo licenza Creative Commons, pódese descarregar
en formato .pdf ou
mercar en papel.