Desde Novembro de 2008, e aproveitando o Nadal, Danone e Cruz Vermella veñen de pór a andar a campaña "Juntos Sembramos Vida". A transnacional Danone disque con esta iniciativa pretende contribuír a combater a crise alimentar global e mais concretamente a fame en África, para o que doará unha semente —até xuntar 1.000 millóns delas— por cada produto Danone que se merque. A "solidariedade" de Danone traducirase nunha aportación económica de 550.000 € en tres anos, é dicer, 183.000 € cada doce meses, un 0'0013% das súas vendas anuais. No mundo da cooperación un proxecto con este orzamento é diminuto mais este vai acompañado dun forte investimento publicitario. Danone gastou só en 2006 1.000 millóns € en publicidade en todo o mundo, 80 deles no Estado español. Canto lle custou esta campaña? Talvez mesmo máis do que vai doar? E que esforzo lle supón? Pois apenas os beneficios que obtén coa venda de 6 millóns de unidades, o resultado de 14 horas de vendas, co que se nestes tres meses incrementa un 0'6% as súas vendas a campaña xa estará rendibilizada.
Para alén disto: A crise alimentar non ten nada a ver coas prácticas da agroindustria, Danone incluída? De onde van saír esas sementes? Serán ou non transxénicas?...
Mónica Vargas, de No et Mengis el Món, e Vicent Boix veñen de publicar un artigo crítico con esta campaña publicitaria.






