Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Feb 10th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Observatorio da Publicidade Denuncia O Reino Unido prohibe a publicidade de Actimel que presume das súas vantaxes para a saúde

O Reino Unido prohibe a publicidade de Actimel que presume das súas vantaxes para a saúde

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

actimelOs iogurtes poden ser moi sans, pero non fan milagres. O organismo público que garante a veracidade da publicidade no Reino Unido ordenou a Danone que retire un anuncio de Actimel por garantir efeitos que non están cientificamente probados. Xustamente o contrario do que afirmaba a publicidade nas pantallas de televisión.

O veredito establece que non se pode afirmar que o consumo dese produto é especialmente recomendable para aumentar as defensas dos nenos contra as enfermidades. No anuncio, as palabras "cientificamente probado" aparecen destacadas mentres se ve a uns nenos dun aspecto moi saudable.

Danone enviou varios estudos ao organismo para convalidar o contido da súa publicidade. Foron rexeitados por non seren concluíntes en relación ao argumento de que consumir Actimel é bon para a saúde de persoas que xa están sas.

A decisión é outra má nova para os produtos "probióticos" de grande éxito nos supermercados da maioría dos países europeus.

Conteñen bacterias similares ás xa existentes no interior dos intestinos e que supostamente teñen efeitos beneficiosos no organismo humano. Non son de seu negativos, pero moitos científicos consideran que son superfluos nas persoas sás e non teñen efeitos reseñables nas que teñen problemas de saúde.

"Estas bacterias evolucionaron connosco e de feito existe un número xigantesco delas dentro do corpo humano", explicou á BBC Jeremy Nicholson, xefe de cirurxía do Imperial College de Londres. "Para igualar o número de bacterias que hai no teu intestino, necesitarías tomar uns 50.000 botes de Actimel cada día".

Freo da UE

Os produtos probióticos xa se toparon coa realidade científica cando hai unhas semanas a Axencia Europea de Seguridade Alimentar, un organismo da UE, rexeitou todas as alegacións apresentadas polas empresas fabricantes. Das 180 virtudes apresentadas, a axencia non aceitou nengunha.

Ese resultado non afectaba aos produtos de máis venda nas tendas británicas, Actimel e Yakult. As empresas fabricantes Danone e a xaponesa Yakult retiraron as alegacións xusto antes de que comezasen as probas gañando algo máis de tempo. Posteriormente, volveronas apresentar, pero a axencia non emitirá as súas conclusións sobre elas até o próximo ano.

Grazas a unha lei europea aprobada pola UE en 2006, todos os produtos que alegan ter efeitos beneficiosos para a saúde deben pasar por un proceso de verificación. A maioría das análises realizadas até o de agora resultaron negativas.

Fonte: Publico.es