A marca de colchóns Flex ven de lanzar unha campaña publicitaria baixo o lema "a túa cama, o lugar máis importante do mundo". Nada novo se non fora porque focaliza esa "importancia" retrrasmitindo un proceso de "parto en casa", natural, non medicalizado e palpablemente emocionante para as persoas intervinientes no anuncio. De feito, non sei se non será a primeira vez que ollamos imaxes dun parto con tanta naturalidade na TV.
É unha boa nova que comecemos a ollar os partos , aínda que sexa a través da publicidade, (por outra parte unha arma dunha extraordinaria influencia, normalmente para o mau), dun xeito positivo durante todo o seu proceso e non como unha tortura entre berros, batas, tubos e monitores como se adoita presentar nos medios. E que os ollemos como un proceso natural, gratificante e posíbel dentro da nosa cotidianeidade, do noso espazo, afastados da parafernalia "científica" hospitalaria.






