Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Observatorio da Publicidade Novas Lidl retira publicidade enganosa en Alemaña

Lidl retira publicidade enganosa en Alemaña

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

A cadea de desconto Lidl, a partires da denuncia interposta por organizacións sociais, retirou recentemente en Alemaña unha publicidade enganosa na que afirmaba que os productos de textil de venta en Lidl, procedentes de Bangladesh, respetaban o dereito das traballadoras. A denuncia por publicidade enganosa foi presentada o pasado 6 de abril pola organización Verbraucherzentrale (Organización de Consumidores de Hamburgo) contra Lidl. A transnacioanl formalmente aceptou non voltar a proclamar ós catro ventos condicións de traballo xustas na sua publicidade.

Apoiada pola campaña de roupa limpa de Alemaña (CRL Alemaña) e o Centro Europeo para os Dereitos Humanos e Constitucionais (ECCHR). Ámbalas organizacións achegaron probas concluintes que demostraban que nas fábricas textiles de Bangladesh, proveedoras de Lidl as traballadoras sufriron graves violacións dos seus dereitos laborais, incluidas horas extraordinarias excesivas cunha compensación escasa e pouco transparente, deduccións nas nóminas como castigo, prohibicións de sindicatos, e discriminacións por razón de xénero. Estas condicións de traballo violan as Convencións da Organización Internacional do Traballo, o código de conducta do BSCI e as obligacións en materia de responsabilidade social auto-impostas por Lidl.

Despois de negarse durante un tempo a cambiar as suas afirmacións, Lidl terá agora que corrixir a sua publicidade, e, ademáis, non poderá empregar a sua pertenza á iniciativa corporativa Business Social Compliance Initiative (BSCI) na sua publicidade. O BSCI é unha iniciativa europea en materia de Responsabilidade Social nas cadeas de suministro globais que cada vez gaña máis participación entre as transnacionais europeas, proclama que o seu obxectivo é que as empresas proveedoras cumpran cos estándares sociais e ambientais, sendo unilateral, marxina o papel de sindicatos e ongs, con normas que non son obrigatorias para os seus membros nen para os seus proveedores.

Amplia información eiquí.