Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

A pegada do Smart

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

_DSC0051"La única huella que deja en el medio ambiente" é o lema da nova campaña do Smart, coche con ínfulas ecoloxistas se non fora porque a combinación de coche e ecoloxico é un imposíbel, un oxímoron como din as persoas lidas.

Había tempo que non víamos un lema publicitario tan irresponsábel como este, e iso que a industria automobilística non adoita significarse pola sua discreción. A mensaxe que transmite é " destroza tranquilamente que polo resto xa coidas do medio".

Pero ademais é que é falso. O coche Smart que aparece na foto que acompaña o anuncio é o modelo Smart Comb, cuns consumos de entre 3,5 e 5,5 l/km e emisións de CO2 de entre 88 e 126 gr CO2/km. Cifras baixas sen dúbida, pero que só a intención de confundir pode definilas como sen impacto no medio ambiente.

Cando pensemos nos impactos dos automóbiles non só debemos fixarnos nos datos de "funcionamento" senón que hai unha longa cadea de impactos previos a súa construción (minaría, transporte e transformación de materias primas, consumo enerxético...), durante a súa construción ( consumo enerxético, transporte...) e cando nos desfacemos del (tratamento de residuos tóxicos e perigosos, despece...).

_DSC0054Unha vez que coñezamos esas cifras, poderemos avaliar conscientemente o que supon ter ou mudar de coche ademais de responsabilizarnos do seu uso.

Namentres algunha institución pública seña quen de poñer couto a estes desmáns publicitarios deberemos facer esforzos por preservar a nosa hixiene mental ollando criticamente o mundo da publicidade e denunciando campañas como esta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tes algo que contar?

20070414_0333

Algún consello, unha opinión? Contacta connosco para publicar o que consideres de interese.

Artigos relacionados