
Ese é o lema que topei hoxe mirando na prensa. Hoxe, 21 de setembro, véspera do Día Mundial sen Coches, no medio da Semana Europea da Mobilidade, unha empresa de seguros publicita o seu producto cun lema irresponsable que non deixa en moi bo lugar nin a esta empresa nin á Asociación para la Autorregulación de la Comunicación Comercial. Nun contexto de crise ecolóxica global, da que unha das súas causas principais é o insostible consumo enerxético, particularmente da procedente do petróleo, nun ano na que o cambio climático é unha das maiores ameazas que se vislumbran para o conxunto do planeta, da arrepíos ver ate que extremos chega o mundo publicitario. E o máis irónico é que Zurich Seguros vanagloriase na súa web de "activa dedicación por los asuntos sociales, ambientales y de gestión" e seguro que conta cun programa de responsabilidade social corporativa.







