Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Opinión

Opinión

Opinión

Consumir ou devorar, eis a cuestión

Consumir ou devorar, eis a cuestión

Celebración do solsticio de inverno transformada pola Igrexa en conmemoración do nascimento de Xesús Cristo para acabar por virar quinta-esencia do consumismo por obra e graza do sistema capitalista no que vivimos... O Nadal está aquí de novo, aínda que talvez cunha novidade: a(s) crise(s), cada vez máis presente(s).

O noso modo de vida, baseado na sobreprodución e o sobreconsumo, provoca graves impactos ambientais e sociais, locais e globais, inmediatos e demorados no tempo... devora o planeta e o futuro, por iso é insustentábel e, xa que logo, (auto)destrutivo. Daí a crise, a financeira e non só: levamos o planeta a unha crise ecolóxica global (climática, da biodiversidade, da auga, dos solos, enerxética...) e de nós depende mudar o rumo para evitar que se continúe a agravar atinxindo extremos catastróficos.

O consumo é un dos contextos onde decidirmos se continuar pola autoestrada da destrución ambiental e social ou escoller o camiño da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Consumimos en exceso, por riba das nosas necesidades e mesmo das nosas posibilidades, de forma irreflexiva, compulsiva —e xeramos residuos de modo proporcional, claro. Facemos isto todo o ano mais en determinadas ocasións decidimos que non é abondo e multiplicamos a desfeita. Este é o caso do Nadal, que ademais adornamos con mensaxes de paz e encontro familiar.

Precisamente polos valores asociados ao Nadal, esta celebración tende a combinar desbaldimento e caridade, opulencia e “boas accións”, xestos que tranquilizan consciencias mais non mudan nada: sexa en forma de esmola, telemaratón ou compra ocasional e anecdótica de produtos de comercio xusto. Doutra banda, a actual crise económica pode moderar as nosas ansias consumistas —tamén a caridade?— pero apenas como unha reacción conxuntural á espera de “mellores tempos” nos que poder voltar á total despreocupación.

O consumo responsábel non é un tranquilizador de (más) consciencias nen unha nova versión do consumismo “clásico” tinxida de verde e solidario. Tal e como na asociación ecopacifista Verdegaia o entendemos, é un elemento fundamental para superarmos a crise ecolóxica global, unha ferramenta para a transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Xa que logo, é unha actitude consciente mantida ao longo do ano, unha opción de vida fruito da reflexión sobre as nosas necesidades e o modo de as cubrir.

Para alén disto, o consumo responsábel non pode ficar limitado a unha actividade individual e privada, é un exercicio de cidadanía responsábel. Se realmente aspiramos a contribuír para unha mudanza de rumo, se de verdade queremos axudar a transformar, entón o consumo responsábel débese organizar colectivamente e transcender publicamente, denunciar e construír para facer posíbel vivir sen devorar o planeta e o futuro. Por este motivo Verdegaia botou a andar a campaña “Consomes ou Devoras?”, na que conflúen análise, sensibilización e presión/mobilización, ademais de desenvolvimento de alternativas e apoio ás xa existentes, un lugar de encontro no que xerar sinerxías para transformar.

As crises financeira e ecolóxica global deberían servir como estímulo para a reflexión sobre o noso (auto)destrutivo modo de vida. O Nadal, dadas as súas características, pode ser unha mui boa ocasión para aprofundar nesas reflexións e comezar a tomar decisións ao respeito. Celebremos o solsticio de inverno, o nascimento de Xesús Cristo ou simplesmente que temos uns días feriados para descansar e nos xuntar coa xente que queremos, fagámolo de forma sincera e sinxela, sen desbaldir, sen devorar. Desfrutaremos máis destes días, libres da presión consumista, sen necesidade de aparentar nen de calar remorsos, poñendo as bases para saírmos da crise, construíndo sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.

 

Ler máis...
 
Opinión

Cando o lixo non existía

Cando o lixo non existía

Hai xa cousa dun mes fun ao supermercado onde adoito abastecerme e levei a grata sorpresa de que aqueles feixes de bolsas de plástico que tan pouco escatimaban as caixeir...

Opinión

O poder de verdade

O poder de verdade

Que a túa filla te reclame tras un pesadelo en plena noite e ti acudas xunto á súa cama e a arroles e susurrando que non pasa nada ela acougue e volte durmir, iso é ser p...

Opinión

Opulência

Opulência

Vém de se celebrar, mais um ano, a “ tomatina ” de Bunyol. 125 toneladas de tomates fôrom estragadas para divertimento de 45.000 pessoas que, evidentemente, nom tenhem o pa...

Opinión

Cazando bolboretas

Cazando bolboretas

Nun dos brillantes ensaios recollidos en El pulgar del panda, Stephen Jay Gould explica como o sociólogo K. Merton demostra que case a totalidade das grandes ideas xorden...

Opinión

Decrecemento sostíbel ou decrecemento traumático?

Decrecemento sostíbel ou decrecemento traumático?

Antes de comezar, habería que indicar en primeiro lugar que quen participamos da loita dos movementos sociais antisistémicos non buscamos alternativas a crise do sistema ...

Opinión

Quilmas vive

Quilmas vive

O proxecto integral de recuperación da vida agrícola de Quilmas, Quilmas Vivo , continúa. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa xa ten sementada, ademais de cas...

Opinión

Evoluíndo?

Evoluíndo?Pensemos no trigo, o millo ou calquera outro vexetal, como unha suma de partículas que fan un todo. Cada unha desas partículas formouse a partir dun sinal, dunha instruci...
Opinión

Exprés de mal gosto

Exprés de mal gosto

O último ano foi mau para o comercio xusto e o seu produto estrela: o café. Non pola crise, senón pola competencia. Xa saben vosté que o café que mercamos ás grandes marc...

Páxina 1 de 2