O último ano foi mau para o comercio xusto e o seu produto estrela: o café. Non pola crise, senón pola competencia. Xa saben vosté que o café que mercamos ás grandes marcas internacionais, como outros moitos produtos producidos no Sul, leva incluído un extra de inxustizas sociais, de traballo mui mal pago e un cero no respeito polo ambiente na súa produción. Contra iso nasceu a iniciativa do comercio xusto, onde temos unha urdume de organizacións que aseguran que a maioría dos beneficios que se xeran pola compra deses produtos chegan ás maos dos e as campesiñas que os producen. Moitos pequenos David contra un Goliat. Pois Goliat, que é insaciábel e mui agudo, recuperou a cota de mercado que o comercio xusto estaba a atinxir aos poucos. Inventou unha cafeteira para conseguir un "espresso perfeito" que seduciu a moitos bebedores de café. As capsuliñas (de aluminio, nada reciclábel) só se poden mercar á marca matriz. Xogada con mal gosto que deberiamos rexeitar.
Gustavo Duch (VSF)
Publicado en El Periódico





