Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Opinión Opinión Quilmas vive

Quilmas vive

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

O proxecto integral de recuperación da vida agrícola de Quilmas, Quilmas Vivo, continúa. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa xa ten sementada, ademais de case que 20 hectáreas de terreo, o xerme do que pode ser o modelo de desenvolvemento que se podería exportar a outros centos de aldeas da bisbarra. Polo de pronto os 15 socios da cooperativa seguen facendo realidade o soño dun pobo, un pobo que quere trigo e non quere rodaballo.

Iso mesmo contábame a Lola, unha das señoras que traballan arreo diariamente. Aló baixan co sacho, e mais co tractor, a Lola, a Maruxa e a Xoana, día tras día para sementar, para sachar, para que a colleita vaia para arriba. Porque hai que lembrar que todo este proxecto, o proxecto Quilmas Vivo, naceu en protesta contra un Plan Acuícola que aínda está no aire.

Facendo un breve repaso á historia do último ano por Quilmas, aló por marzo do pasado 2008, inmersos na loita contra o Plan Acuícola e contra a ampliación da piscifactoría de Quilmas, decidiron sumerxirse no mundo da agricultura ecolóxica, e comezaron coa cesión de terreos de todos os veciños da aldea para a Comunidade de Bens. A partir de aí, comezaron os traballos de planificación, sementeira e preparación dos terreos. Unha vez fundada a cooperativa, xa estaba todo en marcha. A ver quen se atreve a paralos agora a base de rodaballo..

Podes ler o artigo completo en Que pasa na costa