A vila de Capannori, na rexión italiana da Toscana, é un exemplo da viabilidade e beneficios das políticas de "lixo cero". Grazas ás iniciativas para a redución de resíduos, á recolla a domicilio e á implicación do groso dos seus 46.000 habitantes, conseguiu chegar a unha taxa de reciclaxe do 82% e aspira a atinxir o 100% en 2020. 40 veículos a gas e electricidade —dando emprego a outras tantas persoas— recollen porta-a-porta cada día un tipo diferente de lixo. Os habitantes, formados nas políticas de lixo cero, teñen unha redución do 20% no imposto sobre os residuos.
De 2004 a 2007 foron recicladas 56.000 toneladas de lixo e só en 2007 o número atinxiu as 16.000 toneladas. En 2008 isto permitiu reducir en 9.000 toneladas as emisións de CO2 e evitar a tala de 100.000 árbores, obtendo ademais 340.000 € de beneficio na reciclaxe de papel. A materia orgánica recíclase a 80 €/tonelada e a reciclaxe doutros materiais sai a custe cero.
Para a redución de lixo foron criados equipamentos que permiten ás persoas encher garrafas con deterxente nas propias tendas. E o mesmo acontece co leite, un produtor local criou um ponto de distribución no que o leite se vende a 1 €/litro —mais barato para os consumidores, axuda a economia local e reduz o número de garrafas.
A cadea de reciclaxe fica completa cunha rede de centros, onde as persoas poden levar os obxectos mais pesados ou volumosos e em troca receben un cheque, cuxo montante depende da cantidade de lixo que reciclan ao longo do ano.
Fonte (con reportaxe en video): Terra-Viva (Euronews)
Vía Chuza!





