Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Tuesday
May 22nd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Residuos Multimedia

Residuos - Multimedia

Residuos - Multimedia

Campaña de Nadal de Retorna

Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Campaña de Nadal de Retorna

Inmersos na época de maior consumo do ano, desde Retorna lanzamos este anuncio para concenciar sobre as múltiples vidas que os nosos residuos poden chegar a ter e para solicitar á cidadanía un uso responsable dos nosos recursos nesta época do Nadal. Desde Retorna promovemos un cambio no modelo de produción e consumo que reduza ao máximo os residuos e maximice a prevención, a reutilización e a reciclaxe. E que mellor época para demostralo que o Nadal?

Velaí o spot que realizamos para a nosa campaña

Retorna é unha iniciativa sen ánimo de lucro integrada por ONGs ambientais, asociacións de consumidores, sindicatos e a industria da reciclaxe.

O noso obxectivo é promover a reutilización e reducir ao máximo a xeración de residuos, superando o sistema actual que recicla pouco e mal. Traballamos para implementar un sistema de retorno de envases que recupera/recicla 9 de cada 10 envases.

A experiencia nos máis de 40 países onde o sistema está implementado demostra a mellora ambiental, económica e social que suporía implementar no noso país o sistema de retorno de envases.

Ler máis...
 
Residuos - Multimedia

Montañas de papel, montañas de inxustiza

 Montañas de papel, montañas de inxustizaEste documental producido polo Movemento Mundial polos Bosques Tropicais (WRM),pretende ser unha ferramenta para xerar conciencia sobre o consumo excesivo de papel e as loitas locais das comunidades que enfrontan os monocultivos de árbores e as plantas de celulosa no Sur. O Movemento Mundial polos Bosques Tropicais (WRM) é unha rede internacional de grupos cidadáns do Sur e do Norte involucrados en esforzos por defender os bosques do mundo. Traballa para asegurar a tenencia da terra e os medios de supervivencia dos pobos que habitan os bosques e apoia os seus esforzos para defender os bosques da tala comercial, os encoros, a minería, a explotación de petróleo, as plantacións, as granxas camaroneras, a colonización e outros proxectos que os ameazan.
Ler máis...