Inmersos na época de maior consumo do ano, desde Retorna lanzamos este anuncio para concenciar sobre as múltiples vidas que os nosos residuos poden chegar a ter e para solicitar á cidadanía un uso responsable dos nosos recursos nesta época do Nadal. Desde Retorna promovemos un cambio no modelo de produción e consumo que reduza ao máximo os residuos e maximice a prevención, a reutilización e a reciclaxe. E que mellor época para demostralo que o Nadal?
Velaí o spot que realizamos para a nosa campaña
Retorna é unha iniciativa sen ánimo de lucro integrada por ONGs ambientais, asociacións de consumidores, sindicatos e a industria da reciclaxe.
O noso obxectivo é promover a reutilización e reducir ao máximo a xeración de residuos, superando o sistema actual que recicla pouco e mal. Traballamos para implementar un sistema de retorno de envases que recupera/recicla 9 de cada 10 envases.
A experiencia nos máis de 40 países onde o sistema está implementado demostra a mellora ambiental, económica e social que suporía implementar no noso país o sistema de retorno de envases.





