Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Tuesday
May 22nd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Residuos Novas Francia prohibe o Bisfenol A en calquera envase alimentario

Francia prohibe o Bisfenol A en calquera envase alimentario

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

A prohibición foi aprobada o 12 de outubro pola Asemblea Nacional con 348 votos a favor e 2 en contra. Entrará en vigor, para todos os envases alimentarios, o 1 de xaneiro de 2014, excepto para os envases alimentarios destinados a nenos menores de tres anos: nese caso a prohibición entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013.

O parlamento francés baseouse nun informe recente de ANSES, a Axencia Nacional de Seguridade Sanitaria da alimentación, o medio ambiente e o traballo. Este informe pódese consultar na web de ISTAS. Este informe expón que "a evidencia ciéntifica dispoñible mostra que o Bisfenol A, ata en doses moi pequenas, actúa como disruptor endocrino e pode afectar á reprodución, á metabolización de azucres e graxas e ao funcionamento do sistema cardiovascular".

A decisión de Francia pon en cuestión as últimas actuacións da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA). Segundo André Cicolella, portavoz de Reseau Environnement Santé (RSE), unha ONG que traballou en Francia para visibilizar os efectos de BPA: "A credibilidade da EFSA está en cuestión". "A EFSA - sinala Cicolella - non pode continuar negando os resultados das investigacións científicas e defendendo a existencia dunha dose mínima admisible". ISTAS, en colaboración con RSE, realizou recentemente, un vídeo onde explica os efectos do Bisfenol A para a saúde, que tamén está dispoñible na súa web.

Nova traducida da web de ISTAS - Instituto Sindical de Trabajo, Medio Ambiente y Salud