O novo número da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global dedica un Especial a analizar A(s) crises, e aborda as súas dimensións económica, ecolóxica e social. O obxectivo é ir alén dos aspectos financeiros e deterse na explicación daqueles factores e mecanismos que, desde o ámbito económico, contribuíron a xerar a situación actual.Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global é unha revista trimestral publicada desde 1985 polo Centro de Investigación para a Paz, centro auspiciado por FUHEM. Cunha ollada multidisciplinar, a revista aborda temas relacionados coa sustentabilidade, a coesión social e a democracia, considerando a paz como eixo transversal de análise.





