Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Mar 11th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

Revistas

Revistas

Sabedorías ecolóxicas

Sabedorías ecolóxicas

Xa está na rúa o nº 107 da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global editado pola FUHEM. O tema central é a sabedoría ecolóxica das comunidades. Reivindicar este saber nestes momentos de crise ecosocial supón pór en primeiro plano a relación que certas comunidades estableceron coa súa contorna natural, nun marco de respecto e de adaptación ao medio que, á súa vez, foi configurando un legado cultural que constitúe a memoria da especie humana. A revista aborda no seu Especial estas tradicións milenarias analisando, entre outros aspectos, o seu potencial no mantemento da diversidade biolóxica e o manexo sustentable dos recursos; á vez que se identifican as principais ameazas que se cernen sobre elas. Xunto ás habituais seccións de Panorama, Periscopio e Libros, cómpre salientar tamén neste número un ensaio sobre a racionalidade da economía capitalista e unha entrevista a Serge Latouche, ideólogo do decrecimiento.

 

 

 

Ler máis...
Revistas

Decrecer para ser máis felices

Decrecer para ser máis felices

Este é o tema central do nº 151 da Revista Tempos Novos. Entre outros artigos recolle unha longa entrevista con Carlos Taibo, un dos meirandes valedores da teoría do decrecemento no Estado español, e unha crónica de distintas iniciativas desenvolvidas en Galiza no camiño ao decrecemento dende unha perspectiva persoal, na vida cotián, e das dificuldades e atrancos atopados.

Unha boa forma de iniciar un achegamento aos fundamentos do decrecemento, termo e praxe que sen dúbida acolle o xermolo dunha verdadeira transformación das nosas sociedades no camiño da sustentabilidade ecolóxica.

Revistas

Publicado o nº6 de Cos Pés na Terra

Publicado o nº6 de Cos Pés na Terra

Xa se pode ler o número 6 de Cos Pés na Terra, revista electrónica de información, reflexión e debate sobre a sustentabilidade con periodicidade semestral. A nova edición ábrese cunha entrevista a Paula Casal, vicepresidenta do Proxecto Gran Simio. A crise e a resposta ecoloxista son o tema do editorial e de dous artigos. O inevitábel cenit do petróleo, a falsa promesa da enerxía nuclear, cómo comunicar con eficacia a mudanza climática, a destrución das Gándaras de Budiño e as Ribeiras do Louro e o pensamento de Henry David Thoreau son os outros asuntos abordados neste número, que se completa con varias reseñas de libros e informes. O consello de redacción da revista tamén  mantén un blog.

 

Revistas

"A(s) Crises", novo número de Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global

O novo número da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global dedica un Especial a analizar A(s) crises, e aborda as súas dimensións económica, ecolóxica e social. O obxectivo é ir alén dos aspectos financeiros e deterse na explicación daqueles factores e mecanismos que, desde o ámbito económico, contribuíron a xerar a situación actual.
Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global é unha revista trimestral publicada desde 1985 polo Centro de Investigación para a Paz, centro auspiciado por FUHEM. Cunha ollada multidisciplinar, a revista aborda temas relacionados coa sustentabilidade, a coesión social e a democracia, considerando a paz como eixo transversal de análise.




Páxina 1 de 2