Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Seccións Libros e revistas Revistas "A(s) Crises", novo número de Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global

"A(s) Crises", novo número de Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global

cubierta-105_pgina_1-1O novo número da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global dedica un Especial a analizar A(s) crises, e aborda as súas dimensións económica, ecolóxica e social. O obxectivo é ir alén dos aspectos financeiros e deterse na explicación daqueles factores e mecanismos que, desde o ámbito económico, contribuíron a xerar a situación actual.
Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global é unha revista trimestral publicada desde 1985 polo Centro de Investigación para a Paz, centro auspiciado por FUHEM. Cunha ollada multidisciplinar, a revista aborda temas relacionados coa sustentabilidade, a coesión social e a democracia, considerando a paz como eixo transversal de análise.