Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Mar 12th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Seccións Libros e revistas Revistas Publicado o nº6 de Cos Pés na Terra

Publicado o nº6 de Cos Pés na Terra

cospesnaterraXa se pode ler o número 6 de Cos Pés na Terra, revista electrónica de información, reflexión e debate sobre a sustentabilidade con periodicidade semestral. A nova edición ábrese cunha entrevista a Paula Casal, vicepresidenta do Proxecto Gran Simio. A crise e a resposta ecoloxista son o tema do editorial e de dous artigos. O inevitábel cenit do petróleo, a falsa promesa da enerxía nuclear, cómo comunicar con eficacia a mudanza climática, a destrución das Gándaras de Budiño e as Ribeiras do Louro e o pensamento de Henry David Thoreau son os outros asuntos abordados neste número, que se completa con varias reseñas de libros e informes. O consello de redacción da revista tamén  mantén un blog.