Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Sep 03rd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Seccións Libros e revistas Revistas Decrecer para ser máis felices

Decrecer para ser máis felices

tempos_novos151Este é o tema central do nº 151 da Revista Tempos Novos. Entre outros artigos recolle unha longa entrevista con Carlos Taibo, un dos meirandes valedores da teoría do decrecemento no Estado español, e unha crónica de distintas iniciativas desenvolvidas en Galiza no camiño ao decrecemento dende unha perspectiva persoal, na vida cotián, e das dificuldades e atrancos atopados.

Unha boa forma de iniciar un achegamento aos fundamentos do decrecemento, termo e praxe que sen dúbida acolle o xermolo dunha verdadeira transformación das nosas sociedades no camiño da sustentabilidade ecolóxica.