Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Friday
Mar 12th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Seccións Libros e revistas Revistas Sabedorías ecolóxicas

Sabedorías ecolóxicas

papeles_sabedorias_ecoloxicasXa está na rúa o nº 107 da revista Papeles de Relaciones Ecosociales y Cambio Global editado pola FUHEM. O tema central é a sabedoría ecolóxica das comunidades. Reivindicar este saber nestes momentos de crise ecosocial supón pór en primeiro plano a relación que certas comunidades estableceron coa súa contorna natural, nun marco de respecto e de adaptación ao medio que, á súa vez, foi configurando un legado cultural que constitúe a memoria da especie humana. A revista aborda no seu Especial estas tradicións milenarias analisando, entre outros aspectos, o seu potencial no mantemento da diversidade biolóxica e o manexo sustentable dos recursos; á vez que se identifican as principais ameazas que se cernen sobre elas. Xunto ás habituais seccións de Panorama, Periscopio e Libros, cómpre salientar tamén neste número un ensaio sobre a racionalidade da economía capitalista e unha entrevista a Serge Latouche, ideólogo do decrecimiento.