A campaña Roupa Limpa, impulsada por Setem no Estado español e por Amarante en Galiza, ten unha Guía de Consumo Responsábel de Roupa descarregábel en formato .pdf. A guía, que ademais de consellos ofrece unha valoración xeral das principais empresas do téxtil, ten como eixos os direitos humanos e o ambiente.





