Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Tuesday
May 22nd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Textil Novas Inditex resposta con vaguedades as cuestións da Campaña Roupa Limpa ante os seus accionistas

Inditex resposta con vaguedades as cuestións da Campaña Roupa Limpa ante os seus accionistas

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

A Campaña Roupa Limpa (CRL), coordinada por AMARANTE-SETEM en Galicia instou a Inditex a que fixe obxectivos concretos para mellorar as condicións laborais nas súa fábricas provedoras, 1.260 en todo o mundo. Tal e como indicou Pablo Isla, conselleiro delegado da empresa téxtil, déronse grandes avances no cumprimento do código de conduta elaborado polo propio departamento de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) sen embargo, aínda hai casos graves de vulneración de dereitos nestas industrias.  Fernanda Couñago, responsable da CRL en Galicia, tamén solicitou máis concreción na memoria de sostenibilidade da compañía, ao que Isla contestou remitíndose de novo a devandita memoria. A pesar do anuncio da apertura de establecementos 'Tenda Ecoefiente', que prevé reducir las emisións de CO2 un 20% respecto ás de 2005, a campaña insta ao xigante téxtil a que non se quede nunha mera estratexia de marketing e que se dean pasos reais cara a unha produción máis sostible.

Nin obxectivos nin indicadores concretos para garantir a mellora

Isla asegurou que máis do 60% das fábricas cumpren perfectamente o código de conduta de Inditex, tamén explicou que traballan por garantir o salario mínimo legal e avanzar cara a soldos dignos, por último, concretou que, en China, en seis de cada dez empresas a relación contractual é de, polo menos, dos años. Con todo, non falou de medidas nin obxectivos concretos, así como tampouco especificou indicadores que a compañía pretende alcanzar nun prazo determinado para garantir un avance real. 
Segundo informou Isla, no exercicio anterior, a cifra de negocio se situou no 9.435 millóns de euros e o beneficio neto de Inditex creceu un 25%. Os gastos de persoal ascenderon a 1.472 millóns e a plantilla actual está integrada por case 80.000 persoas en todo o mundo dos que só o 1% se dedican á fabricación.

Compromisos no caso Spectrum

Logo de tres años do derrubamento da fábrica, a CRL cre xusto que Inditex cumpra dunha vez por todas cos compromisos adquiridos e co pago das indemnizacións ás vítimas que aínda esperan. Ante a intervención de Couñago e trala lectura da carta que os traballadores e traballadoras de Spectrum dirixiron ás "autoridades competentes" de Inditex, o conselleiro delegado da compañía asegurou que se abrirá unha oficina en Dakha para pechar definitivamente a situación.